PROVINCIA

Melón xestiona a posta en marcha da hospedería no mosteiro

A inversión ascende a 1.700.000 euros, e o mandatario galego comprometeuse a remitir ao Ministerio de Fomento a documentación correspondente para conseguir a financiación. 

 A alcaldesa de Melón, Cristina Francisco, mantivo onte unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para abordar, entre outros asuntos, o proxecto da posta en marcha dunha hospedería no Mosteiro de Melón. A inversión ascende a 1.700.000 euros, e o mandatario galego comprometeuse a remitir ao Ministerio de Fomento a documentación correspondente para conseguir a financiación. 


A alcaldesa tamén recordou a necesidade de iniciar as obras do aparcadoiro xunto ao parque de Melón, aínda que a súa realización se efectuase en sucesivas fases, xa que o Concello xa cumpriu cos requisitos para por a disposición da Xunta os terreos, tal e como era esixido pola Consellería de Cultura no 2004 e 2006. Cristina Francisco referiuse ademais á necesidade  de reservar terreos ao carón do centro médico e velatorio de Quins para outro aparcadoiro e evitar así accidentes viais na N-120.

Te puede interesar