Noa Presas, crítica con Podemos: “Estáse a esconder no ambiguo, en frases ocas”

REPARTO OURENSE NOS_result
photo_camera Noa Presas, este xoves repartindo folletos electorais no Paseo.

A número un da lista de Nós incidiu ademáis "na discriminación de Galiza nos debates estatais"

A número un da lista ao Congreso de NÓS-Candidatura Galega, Noa Presas, sinalou este xoves que ningunha das outras candidaturas "está a facer propostas concretas inda que a maioría comparten a análise sobre a situación social, económica e política que ven facendo NÓS no que vai de campaña".

“Estamos na metade da campaña, levo dous debates con De Frutos e Podemos e un co señor Viso. Gañamos os debates. Por que? Porque se puxo en evidencia que só NÓS Candidatura Galega temos claro o que facer e o dicimos sen rodeos. De Frutos parece tan desorientada como todo o PSOE de Pedro Sánchez. Podemos escóndese no ambiguo, en frases ocas”, dixo Presas, e incidiu na discriminación de Galiza nos debates estatais: “Nós-CG, como outras forzas do estado, condenamos a discriminación nos debates en medios públicos. Onte houbo un debate a nove onde nos excluíron pese a ter representación no congreso. A Marea de Podemos, que agora se suma a reivindicar un grupo galego propio non levanta a voz pola ausencia de Galiza no debate porque se sente representada por Podemos”.

En canto ao PP, Prexas dixo que seguen empeñados "en contarnos que fixeron o contrario do que realmente fixeron”: que crean emprego cando realmente o destrúen, que suben as pensión cando realmente as baixan".

Te puede interesar