O BNG acusa á Xunta de "falla de compromiso con Ourense" polo proxecto da estación

photo_camera Iago Tabarés.
A formación nacionalista pide á cidadanía "que non renuncie a unha estación digna"

O BNG cuestionou o proxecto da nova estación de autobuses de Ourense a súa a posta en funcionamento, o que, sinalan, "pon de manifesto a falla de compromiso e ambición da Xunta de Galicia xa que a nova intraestrutura lonxe de permitir a permeabilidade dos barrios da Ponte e o Vinteún, acrecéntaa ao tempo que convirte nunha rotonda un centro de saúde".

Para o deputado por Ourense Iago Tabarés esta infraestrutura, o proxecto de integración da alta velocidade na cidade de Ourense, así como a necesidade de dotar ao AVE dunha estación acorde coas características do tren “é unha oportunidade para eliminar a separación entre bairros de Ourense que actualmente supón o camiño de ferro, así como dotar á cidade dunha estación intermodal que axilice e racionalice as comunicacións terrestres. A estación de autobuses que onte entrou en funcionamento é un paso no sentido contrario”.

O BNG insta en particular ás institucións públicas, así como aos partidos políticos e organizacións sociais e a cidadanía en xeral a que “non renuncien a unha estación digna que sirva para integrar o bairro de A Ponte co resto da cidade e non incremente os problemas do transito e a habitabilidade da zona e que sexa verdadeiramente intermodal”.

Te puede interesar