Nuevas instalaciones mejoran la gestión de residuos en Muíños

A mellora da xestión dos residuos urbanos na Baixa Limia é o obxectivo do denominado 'parque comarcal' que se está a construír no municipio de Muíños. Trátase dunha actuación ambiental que conta cun investimento da Consellería de Medio Ambiente cifrado en 288.900 euros.
Consta dunha edificación auxiliar que está destinada a complementar outra infraestrutura para a xestión de residuos urbanos, como é o punto limpo xa existente en Muíños. Este espazo desenvolverá, unha vez rematado, as funcións de almacenamento de contenedores e ferramentas, ademais de contar cunha zona de lavado e albergar instalacións sanitarias para os traballadores.

A construción conta con 330 metros cadrados útiles de superficie, dos que a gran parte se destinan ó almacenamento dun maior número de contenedores. As obras do parque, que leva a cabo a empresa carballiñesa Agrupconsa, foron visitadas onte polo delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, e o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, José César Losada. Iste departamento tamén executará outras edificacións auxiliares para a recollida de residuos nas mancomunidades de Santa Águeda e Návea-Bibei.

Te puede interesar