Parada de Sil mellorou a sinalización da ruta do Mao

Foto Parada_result
photo_camera Un momento da visita á ruta turística do río Mao.

Estas obras na ruta turística contaron con financiación da Xunta de Galicia, que aportou un total de 35.000 euros para desenvolver o proxecto.

O Concello de Parada de Sil mellorou a accesibilidade e a sinalizacion da ruta turística que discurre pola contorna do río Mao, nas parroquias de Barxacova e Forcas. As obras foron visitadas onte pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, acompañada pola alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, e o concelleiro Francisco Magide.

Estas obras na ruta turística contaron con financiación da Xunta de Galicia, que aportou un total de 35.000 euros para desenvolver o proxecto. Este investimento  forma parte dunha liña de axudas que Turismo de Galicia destinou no ano 2016 para o fomento da accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos no medio rural. En concreto, a provincia de Ourense destináronse un total de 470.000 euros.

A delegada territorial tamén se interesou polas obras que se acometeron para o  acondicionamento do camiño rural Hedraga-OU604, que supuxo un investimento de 43.000 euros e que formou parte do Plan Marco de mellora de camiños rurais.

Te puede interesar