arte

"Os paraísos perdidos", a nova exposición do Auditorio Municipal

dds_result
photo_camera Aurora Gómez durante a presentación da exposición.

A mostra poderá visitarse no de luns a venres entre as 8:30 e as 14:30 horas

O Auditorio Municipal presentou esta mañá a súa proposta expositiva para os meses de setembro e outubro. Son 'Os paraísos perdidos', da artista Aurora Gómez, unha compilación de 22 lenzos que destacan pola súa delicadeza cromática e que presentan escenas cheas de lirismo froito da súa imaxinación máis creativa. A concelleira de Cultura animou a todos os ourensáns a pasear polo Auditorio para mergullarse de cheo no universo da artista.

“A sensibilidade e o sentir da arte aparecen en cadaquén de xeito diferentes e amosando unhas naturezas de cores moi diferentes”, sinalaba Eva Torres, directora de Espazos Expositivos do Concello de Ourense. Dende a súa delicadeza cromática achégase a una pintura naturista de tons suaves e medio formato, amosándonos escenas a medio camiño entre o expresionismo pictórico e un naïf comprometido. A frescura e o lirismo dos lenzos de Aurora remítennos á Francia de finais do século XIX, da man do artista Henri Rosseeau, unha forma de presentarlle ao público a súa realidade máis subxectiva a través da natureza e das composicións pictóricas.

 

Te puede interesar