Pecha durante 10 horas a estrada que vai dos Peares a Santo Estevo

Para achegarse ata o catamarán, e segundo detalla o Concello,  deberán utilizarse os viais que pasan polo núcleo de Luíntra, capitalidade do municipio

A estrada que comunica Os Peares co embarcadoiro de San Estevo permanecerá pechada ao longo da xornada de este xoves, entre as 8,00 e as 18,00 horas, debido aos traballos de mantemento que a compañía eléctrica Iberdrola acometerá na central de San Pedro. 

Esta estrada, usada habitualmente polos que se dirixen ao embarcadoiro de Santo Estevo para coller o catamarán,  permanecerá pechada e obrigará aos usuarios a empregar rutas alternativas, tal e como informou o Concello de Nogueira de Ramuín.


Rutas alternativas


Para achegarse ata o catamarán, e segundo detalla o Concello,  deberán utilizarse os viais que pasan polo núcleo de Luíntra, capitalidade do municipio. Desde a N-120, subindo por a Penalba Viñoás, Luíntra e Loureiro. 

Desde a cidade, a ruta máis rápida para chegar ao longo da xornada de hoxe é tomar a estrada OU-0536, enlazando na rotonda situada no quilómetro 7 coa OU-0508, ata Loureiro, desviándose cara o embarcadoiro. 

Te puede interesar