ECONOMÍA - CONCELLO

O período medio de pago do Concello sitúase nos 7'65 días

Ana Morenza explicou que o Concello logrou aforras máis de 12 millóns con respecto ao 2014

A concelleira de Facenda e contratación, Ana María Fernández Morenza, fixo balance da situación económica do Concello nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo alcalde da cidade, Jesús Vázquez. Explicou que no último ano e medio conseguiron reducir o período medio de pago a 7,65 días o que asegurou indica "estamos ante un goberno municipal preocupado porque os proveedores cobren as súas facturas en tempo e forma". Relatou que é un "feito fundamental para contribuir a recuperación económica do tecido empresarial desta cidade". 

Tamén falou sobre a liquidación das contas municipais. Fixo un resumo das diferentes datas nas que se liquidaron para logo afirmar que as de este ano quedaron liquidadas o 22 de marzo, o que explicou é adiantarse "máis dun mes das previsións do anterior goberno". Para Morenza "estamos ante un inicio claro de que a xestión económica deste Concello conta con anticipación e planificación nas súas xestións, pese as limitacións lexislativas, o teito de gasto e gobernar en minoría". 

Sobre o aforro explicou que no último ano e medio conseguiron "aforrar máis de 12 millóns" con respecto ao 2014. 

Te puede interesar