INFRAESTRUCTURAS

A Peroxa terá un centro de emerxencia social en Fonte Arcada

O proxecto conta co financiamento do Plan Leader e un 10% de cartos do municipio e vén de saír a concurso.

O Concello de A Peroxa vén de aprobar o proxecto técnico dun centro de emerxencia social para colectivos desfavorecidos que se situará en dúas vivendas que terán que ser rehabilitadas no núcleo de Fonte Arcada, e que contará cun importe de 121.102 euros.

O proxecto conta co financiamento do Plan Leader e un 10% de cartos do municipio e vén de saír a concurso. As vivendas atópanse no centro do núcleo de Fonte Arcada, e foron adquiridas hai uns meses polo Concello. 

O obxectivo é crear un pequeno centro de emerxencia social, onde se prestarán atencións a persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade económica e social. Para iso, na obra de restauración comunicaranse as dúas vivendas para contar cunha única instalación. 

Te puede interesar