O PP de Lobios repasa as carencias do concello

A alcaldesa, no centro, xunto a Manuel Baltar.
A sede do Partido Popular en Lobios acolleu onte unha reunión da Xunta Local dos populares. O encontro, ao que asistiu o presidente provincial do PPOU, Manuel Baltar, serviu para que os preto de 30 membros deste órgano dos populares ?presidido pola tamén alcaldesa, María del Carmen Yáñez- puxesen sobre a mesa as necesidades do municipio.
Na reunión abordáronse cuestión referidas ás infraestructuras de Lobios, tales como a necesidade de remodelar determinados espazos deportivos, mellorar o estado de conservación de vías e estradas, así como definir as necesidades centradas nos Servizos Sociais, entre outras moitas cuestión, tal e como sinalou a presidenta da Xunta Local de Lobios, María del Carmen Yáñez.

Pola súa banda, Baltar defendeu este tipos de encontros para 'estar ó lado da xente'.

Te puede interesar