Premiados os mellores pinchos de Ourense

O Liceo acolleu a entrega de premios do XIII Concurso de Pinchos Sabores de Ourense. O premio do público recaeu no Antea Garden Bar (100 votos), polo pincho queixo montés.  O Barallete quedou segundo pola súa creación “Barallete”, e Ataraxia, terceiro, polo “taco á galega”. Os galardóns do xurado foron para as propostas do Portovello (primeiro), Cafetería Galaica e Restaurante Gastrobar Camden. n

Te puede interesar