Os proxectos do Concello Auria Inserta e Escola Taller dan formación e integración sociolaboral a 90 persoas

Con estos proxectos que desenvolve a Concellería de Economía, Facenda, Emprego e Promoción Económica decenas de cidadáns obteñen formación e o coñecemento necesario para a súa inserción laboral.
A Concellería de Economía, Facenda, Emprego e Promoción Económica do Concello de Ourense está a desenvolver dous proxectos para a mellora da inserción sociolaboral de colectivos con especiais dificultades: Auria Inserta, en marcha dende o mes de outubro, e a Escola Taller, que comezou as súas actividades no presente mes.

Os alumnos asistentes reciben formación específica durante unha primeira fase, e complementan os seus coñecementos nunha segunda, con prácticas laborais.

Por unha banda, o proxecto Auria Inserta está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e ten un orzamento total de 1.785.754 euros, dos que o Concello aportará 375.151 euros.

A iniciativa articula un sistema de integración sociolaboral para favorecer o acceso a un posto de traballo a parados de longa duración, víctimas de violencia de xénero, inmigrantes e emigrantes retornados, así como a todos aqueles colectivos que, por cuestión social, cultural ou de xénero presenten dificultades de acceso ó mercado laboral.

90 alumnos

A día de hoxe, corenta alumnos reciben formación sobre dous cursos: o curso de asistencia sociosanitaria a dependentes en domicilio e o curso de asistencia sociosanitaria a persoas en institucións sociais, dende o pasado mes de outubro. Os participantes no proxecto dispoñen dun servicio permanente de titorías individualizadas de orientación, información e asesoramento en temas sociais, laborais e de auto-emprego, para que coñezan as condicións e realidade de acceso ó mercado de traballo, dominen e coñezan as técnicas de búsqueda de empre go, e melloren as súas capacidades laborais.

A partir de xaneiro, os alumnos poderán realizar prácticas en empresas relacionadas co itinerario formativo, para materializar as aprendizaxes adquiridas nos meses anteriores.

Asimesmo, nese mes de xaneiro, comezará un terceiro curso: Catering para persoas dependentes, en colaboración coa Asociación de Hosteleiros.

Formación integral en catro módulos

Por outra banda, co mesmo obxectivo de contribuir na formación e inserción laboral de desempregados, a primeira fase do proxecto da Escola Taller Imprenta deu comezo o pasado un de decembro. O orzamento total deste proxecto é de 1.632.856 euros, cunha aportación municipal de 640.378 euros.

A formación que reciben os alumnos está dividida en catro módulos: albaliñería (20 alumnos), cantería (10 alumnos), Carpintería (10 alumnos) e Forxa (10 alumnos). Esta primeira fase de formación teórica terá unha duración de seis meses, nos que os alumnos recibirán unha beca de 9 euros por día lectivo. A segunda fase, de doce meses de duración, consistirá na formación en obra dos alumnos, rehabilitando un edificio para oficinas municipais na praza da Imprenta, esquina Rúa Colón. Terán un contrato de formación, cun 75% do SMI e 14 pagas.

Os alumnos da Escola Taller reciben ademáis unha formación complementaria, compensatoria para acadar o Graduado Escolar, de alfabetización informática, de sensibilización medioambiental, de sensibilización en igualdade de xénero e de seguridade e saúde laboral. O equipo directivo e docente da escola está formado por monitores de cada especialidade, de educación compensatoria, un psicólogo coordinador, a directora e o persoal administrativo.



Te puede interesar