Provincia

O PSdeG de Maceda rexeita a externalización do velatorio

A concelleira socialista de Maceda, Ana María Rodríguez Blanco, reclamou en pleno que non se externalice a xestión do velatorio

A concelleira socialista de Maceda, Ana María Rodríguez Blanco, reclamou en pleno que non se externalice a xestión do velatorio, ante a nova situación plantexada pola esixencia de cambios nos locais que ata o de agora se viñan utilizando para este servizo. “A experiencia de concellos, entre outros o de Coles, avala o bo funcionamento do servizo, que permite un servizo público prestado cunha regulamentación municipal”,declara. Engade que é factible o acondicionamento rápido, como están a facer outros concellos, ou mesmo a construción dun novo. 

Te puede interesar