POLÍTICA LOCAL

O PSOE critica a “incoherencia" do PP da Peroxa sobre a Ribeira Sacra

O PSOE levou ao último pleno da Corporación unha moción para que se axilizasen os trámites para a declaración como Patrimonio da Humanidade

O grupo socialista da Peroxa critica a "incoherencia" que amosa o PP sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Segundo indica o portavoz socialista, Antonio González Fiúza, o PSOE levou ao último pleno da Corporación unha moción para que se axilizasen os trámites para a declaración como Patrimonio da Humanidade, xa que A Peroxa é un municipio afectado por esta decisión.

O grupo popular, que goberna o concello e lidera o alcalde Manuel Seoane, non respaldou a moción, pese a que, segundo os socialistas,   xa foi aprobada nos mesmos termos e por unanimidade no pleno da Deputación Provincial. A moción socialista incluía un punto no que se instaba darlle traslado do acordo á institución provincial como reforzo da decisión adoptada polos deputados provinciais.

Te puede interesar