ÁREA METROPOLITANA

O PSOE pide non colocar en Pereiro os carteis e pancartas do 10-N

 Segundo a lei, corresponde aos concellos ditaminar onde se sitúan os espazos para colocar carteis de xeito gratuíto

 O PSOE do Pereiro pediu ás forzas do Concello un compromiso para reducir a publicidade exterior nas campañas electorais, eliminando toda a pubilcidade exterior nos comicios do vindeiro 10 de novembro.

O grupo socialista propón tamén reducir os espazos electorais de cara ás autonómicas e municipais, para "reducir o uso de papel, xerar menos lixo e disminuir o gasto electoral".


 Segundo a lei, corresponde aos concellos ditaminar onde se sitúan os espazos para colocar carteis de xeito gratuíto, así como os locais oficiais e lugares públicos de uso gratuíto para celebrar actos. Por iso, pide que se reduza a superficie de espazos, para "ir abandonando paulatinamente a publicidade electoral tradicional".

O voceiro socialista, Jorge Gutiérrez, convida ao resto de partidos a "eliminar a colocación de pancartas, bandeirolas ou carteis no municipio e extende a idea a vindeiras eleccións. 

Te puede interesar