BALANCE UN ANO DE MANDATO

O PXOM podería estar listo para o mes de xullo

WhatsApp-Image-20160613

O alcalde de Ourense fixo balance do seu primeiro ano de mandato e repasou algunhas dos temas da actualidade como a estación do AVE, o PXOM ou a inversión captada. 

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, fixo balance do seu primeiro ano de mandato e destacou a captación de 33-35 millóns de inversión pública real e 0,6 millóns de inversión privada. 

Tamén falou sobre o PXOM e dixo que "en xullo poderíase presentar o documento definitivo" posto que "os técnicos valoran que non houbo cambios sustanciais e polo tanto non sería necesario volver a expoñer". Tamén tivo palabras sobre o AVE e recoñeceu que "a ministra problablemente se precipitou ao anunciar que se presentaria o proxecto no mes de abril", aínda que agarda que "nunhas semanas se presente", aínda que lle preocupa "un posible cambio de goberno". 

Sobre os orzamentos, Vázquez afirmou que "non é a súa intención aprobalos en xunta de goberno" e que hai que evaluar cal opción é mellor para a cidade, se "presentar uns orzamentos tardíos para 2016 ou uns anticipados para 2017".

Te puede interesar