DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

"Querémolas vivas"

O Salón de Plenos de Concello acolleu o acto institucional do Día Internacional contra a Violencia de Xénero e afirmou nun manifesto que "toda a sociedade debe compremeterse nesta loita contra as violencias machistas". 

O alcalde da cidade, no acto instucional que se celebrou no Salón de Plenos do Concello de Ourense procedeu a lectura dun manifesto en contra da violencia machista. Un texto no que recordou que "é fundamental que toda a sociedade e, especialmente as súas organizacións e institucións, temos que compremeternos nesta loita para a prevención e erradicación das violencias machistas, así como a asistencia e reparación de todas as mulleres que viven violencia independientemente da situación administrativa na que se atopen e sen incurrir na victimización múltiple nos procesos de atención".  "A finalidade básica é apoiar as mulleres no seu proceso de recuperación e procura da plena autonomía. Querémolas vivas", rezaba o discurso do rexidor, Jesús Vázquez. 

Te puede interesar