O Concello de Ourense e a empresa concesionaria do servizo de limpeza da cidade poñen en marcha a campaña "En Ourense presumimos dun Nadal Ecolóxico"
Hoxe arrancou unha campaña de concienciación sobre a reciclaxe organizada polo Concello de Ourense e a empresa concesionaria do servizo de limpeza na cidade. O programa "En Ourense presumimos dun Nadal Ecolóxico" terá diferentes actividades coas que se busca fomentar boas prácticas na xestión de residuos.
Unha comitiva dos Reis Magos e os seus paxes sairán as rúas da cidade para informar e concienciar á poboación para que este Nadal depositen cada residuo no seu contenedor e para animar aos veciños e veciñas a reciclar. Esta comitiva 'real' comezou o seu camiño esta mañá na Ponte Vella e percorrerán os diferentes barrios ata o día 31 de decembro.
Contacontos
Esta campaña tamén contará cun contacontos que narrará historias de temática medioambiental. Estarán nos seguintes puntos da cidade:
- Xoves 29, 12:00-13:00 h, Rúa do Paseo fronte ao Parque de San Lázaro
- Venres 30, 12:00-13:00 h na Praza de Paz Nóvoa
- Venres 30, 16:30-17:30 na Praza Maior
- Sábado 31, 12:00-13:00 h na Praza de San Antón
Accións no local do Centro Cultural Queixumes dos Pinos
O programa de actividades complétase cun obradoiro de construción de instrumentos musicais con material reciclado que se celebrarán no Centro Cultural Queixumes dos Pinos dende este luns ata o xoves.