Repunte da violencia machista en Barbadás

Reunión da xunta local de seguridade.
photo_camera Reunión da xunta local de seguridade.
Barbadás ten 18 casos de violencia de xénero, seis desles en risco medio
A xunta local de seguridade do Concello de Barbadás detectou un repunte salientable de casos de violencia de xénero no municipio. Actualmente Barbadás conta con 18 casos activos desta índole, dos cales seis están en risco medio, sete en risco baixo e tres en risco non apreciado. Sete deles teñen especial relevancia e 16 contan con medidas de prohibición de aproximación e comunicación; mentres que soamente dous de aproximación. Este encontro estivo presidido polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel. Ademais, tamén asistiron representantes da Garda Civil, Policía Local, Xunta e Unidade de Vioxen da subdelegación do Goberno na provincia. 

Te puede interesar