'A saída das carreiras pode cambiar en calquera momento'

 (Foto:  )
O profesor do Campus de Ourense Manuel Ojea presentará este mércores, día 12 de febreiro, o seu libro 'Programa de orientación vocacional 'Construye', onde ofrece as claves necesarias para que os estudantes de Secundaria e Bacharelato poidan elixir que carreira universitaria cursar segundo as súas capacidades.


Que hai trala decisión dun estudante?
Hai moitísimas variables, como as persoais ou psicolóxicas, que están relacionadas co tipo de capacidades que pode ter o alumno. Tamén deberían estar, aínda que non sempre o fan, as características familiares, e os intereses particulares do estudante. En moitos casos, ao non desenvolverse todas estas variables, estas quedan reducidas ao 'que me pode gustar?' ou a interesarse só polas carreiras que teñen unha mellor saída laboral, o que non sempre é a decisión máis acertada, xa que se deixa en función de moitísimos parámetros.

Poderíase dicir que a coxuntura de crise actual é o grande factor que condiciona a elección dos alumnos, non si?
Moitos rapaces preguntan simplemente cales son as carreiras que teñen unha mellor saída. Pero hai que ter coidado, xa que hai estudos que teñen maiores garantías neste momento, pero a situación é tan estructural que a tendencia pode cambiar en calquera intre. Unha carreira técnica, como unha enxeñería, pode parecer que ten unha mellor saída, mentres que unha de letras, como Educación ou Traballo Social, pode non parecelo tanto; nembargantes, a sociedade actual cada vez ten máis persoas maiores e unhas idades de xubilación que permiten ás persoas ter unha saúde mellor para disfrutar do ocio, polo que cada vez é máis necesario que certos profesionais abarquen ese ámbito, por poñer un exemplo. Débese coñecer debidamente o entorno social que nos rodea por encima da situación global.

Que aporta este libro aos estudantes preuniversitarios?
O libro presenta situacións que xeran problemas, e permite que sexan os propios alumnos o que as resolvan de maneira autónoma e constructiva, de xeito que a explicación teórica vaia ao final. O alumnos deben ser os constructores activos do seu propio proceso de aprendizaxe. Os contidos fan referencia ao coñecemento de si mesmos como persoas, da vida social na que nos desenvolvemos e das súas posibilidades reais a nivel familiar. Como gran novidade, este libro adáptase ao novo plan de estudos da Lomce.

Este traballo faise de forma individual ou na aula?
Poderíase facer por propia iniciativa, pero o ideal é que se traballe a nivel escolar, xa que así os estudantes poderían desenvolverse en pequenos ou en grandes grupos, para que aprendan uns con outros e uns doutros.

Te puede interesar