O candidato nacionalista aludió a ’virtual Espinosa, ausente dos valados’

Tabarés: ’Ourense ten que contar con voz propia e deputados do BNG no Congreso’

O candidato do BNG, Iago Tabarés, pide que se aposte por representantes que defendan os intereses de Ourense e non por aqueles que aquí din unha cousa e en Madrid van votar outra’.
O candidato do BNG ao Congreso pola provincia de Ourense, Iago Tabarés, defendeu onte o voto ao nacionalismo ’porque o 9 de Marzo se trata de elexir representantes coherentes, que defendan verdadeiramente os intereses de Galiza e Ourense e non representantes que aquí din unha cousa e en Madrid votan outra, a que lles mandan as direccións dos seus partidos’, en referencia ao PSOE e ao PP.

Iago Tabarés, nun mitin ao aire libre no barrio do Posío, explicou que ’malia que como nacionalistas non nos guste aínda hai moitas decisións para o futuro da provincia e do País que se adoptan nas Cortes’, por iso considera necesario que Ourense conte con voz propia e con deputados do BNG no Congreso.

Tabarés asegurou que ’nin os representantes do PP nin do PSOE son garantía de ter a Galiza presente nas súas políticas’ e puxo como exemplo o reciente debate entre Rajoy e Zapatero, ’onde invertiron máis tempo en falar da niña de Rajoy que non existe que en falar de Galiza’, ou os debates provinciais, ’onde a candidata virtual -en alusión a Elena Espinosa- nin apareceu, como tampouco aparece nos valados da súa formación’.

O candidato nacionalista dixo que era ’un erro pensar que para o BNG as eleicións importantes só son as autonómicas ou as municipais e advertiu que no caso concreto de Ourense, por exemplo, está en xogo ter unha oportunidade para o desenvolvemento da cidade’.

Referiase á chegada do AVE, ’que ten que producirse sen demoras e coa garantía de ter unha estación soterrada e respeitar a integración do barrio da Ponte, algo polo que só pulamos o BNG e polo que tedes que pular vós’.

Te puede interesar