Un total de 40 viaxeiros foron recolocados noutro Avant ao rexistrar un fallo o tren das 7.00 horas en Ourense

Un total de 40 viaxeiros foron recolocados noutro tren Avant --o que viaxa nuns 30 minutos dende Ourense ata a capital galega-- despois de que o tren das 7.00 horas rexistrase unha avaría e volvese á estación.
Un total de 40 viaxeiros foron recolocados noutro tren Avant -o que viaxa nuns 30 minutos dende Ourense ata a capital galega- despois de que o tren das 7.00 horas rexistrase unha avaría e volvese á estación.

Segundo indicaron fontes de Renfe, o fallo produciuse nun pantógrafo -a pinza que serve para tomar electricidade coa catenaria na vía-.

Desta forma, os 40 viaxeiros que se atopaban no tren foron recolocados noutro de similares características e chegaron a Santiago de Compostela cunha media hora de atraso sobre o horario que tiñan previsto.

Non é a primeira vez que o Avant rexistra fallos na subministración eléctrica dende a súa posta en marcha en decembro do ano pasado, xa que en xaneiro deste ano tamén o convoi das sete da mañá rexistrou problemas. Ademais, este tren tivo o seu primeiro incidente o 12 de decembro, día seguinte de que empezase a circular comercialmente, e esta vez achacouse a unha avaría no sistema de bifurcacións.

Te puede interesar