ACTIVIDADES - OURENSE

O tráiler de reciclado estaciona en Ourense

Ourense. 03-04-17. Local. Presentación campaña de reciclaxe no Posío.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Inauguración da campaña "Oportunidades Galicia", no Posío.

A campaña quere concienciar sobre a importancia dun correcto reciclaxe

O tráiler expositivo da campaña de reciclaxe "Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclemos mellor" da Consellería de Medio Ambiente fai estos días parada na cidade das Burgas. O xardín do Posío acollerá hoxe unha zona de xogos con inchables e carreiras de triciclos na que os rapaces recollen residuos coa finalidade de que aprendan a reciclar. Mañá, o tráiler muda á Praza de Bispo Cesáreo, onde estará ata o sábado.

O espazo foi visitado pola delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, acompañada do concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo. "Queremos que os ourensáns que se acerquen por aquí traten de concienciarse en que temos que protexer medio ambiente. Hai que reutilizar moitos dos produtos que temos na casa e non tiralos ao lixo", indicou Díaz, que se animou a probar a cancha habilitada na zona.

O obxectivo desta iniciativa autonómica, organizada en colobración con Sogama e Ecoembes, é concienciar aos veciños sobre a importancia de reciclar de forma correcta os residuos xerados no fogar, indicindo no que vai no colector de lixo amarelo e no azul. "O papel e o cartón van no azul. Isto a xente soe telo claro. O problema témolo co amarelo porque van envases, latas e bricks; é dicir, non van tódolos plásticos senón os que son envase", indica Sergio Aller, coordinador da actividade "Oportunidades Galicia" en Ourense. Ante calquera dúbida, o experto recomenda utilizar o contedor xenérico.

Aller destaca tamén a imortancia da regra das tres "R": Reducir, Reutilizar e Reciclar. "Podemos reducir comprando menos plástico, reaproveitando, por exemplo, unha botella de agua, enchéndoa antes de mercar unha nova. Reciclar significa que con estas botellas de plástico poidanse facer forros polares".

O horario das actividades é de 11,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 21,00 horas. O programa, totalmente gratuito para os que se acheguen, inclúe tamén un monólogo musical a carto da compostelá Celia Pía tódolos días ás 19,00 horas. 

Te puede interesar