ENTREVISTA | VIDA

Víctor Hugo Seoane nos lleva al lugar "donde siempre volver"

20161126203318002_result
photo_camera Víctor Hugo Seoane

Tras o filme"Verengo" agóchase un mundo de sensacións e emocións. As emocións de Víctor Hugo Seoane ao voltar ao lugar da súa infancia, Verengo, Parada de Sil. 

Coa chegada da maioría de idade, Víctor Hugo tivo claro que quería vivir lonxe do coñecido, descubrir novos lugare e xentes, así que fixo as maletas e deu un primeiro paso, ir estudiar a Madrid. A partires de aquí comenzou unha etapa de catro anos na capital española e outros catro traballando e formándose en lugares como Praga, Granada, Amsterdam, Munich, Berlín ou Leipzig. Neses anos, as inquedanzas audiovisuias levarono a facer algunhas curtas que se programaron en diferentes festivais, tanto de España como de fóra, e iniciou colaboracións, que seguen hoxe en día, co artista Diego Santomé.
A súa primeira curta foi "Na distancia", coa que puxo en práctica todo o aprendido e se implicou, de xeito persoal, expresando a distancia dolorosa e desorientadora que sentía respeto á propia terra, ó fogar. E eí naceu o xerme de "Verengo", o seu último traballo. 

Como xorde a idea de “Verengo" e en que se basa o seu guión? 
Unha vez acabado "Na distancia", e recén chegado a Galicia, atopei unhas cintas de vídeo do ano 90 nas que o meu pai gravara unha comida familiar en Verengo, o pobo dos meus avós. Verengo, Teimente, Parada de Sil, eran os lugares nos que nacera toda a miña familia, era o meu pobo, ese único lugar constante ó que sempre volver, ese lugar que representaba un tempo constante, quieto, sentido e sentinte. Nese momento, falando de todo esto ca miña tía Isabel, como gran fan dos proxectos que fixera ata ese momento, propúxome volver unha vez máis a ese lugar, pero desta, non só como neto, senón levar conmigo a cámara e o cineasta que era, e facer un filme no que plasmara a vida dos meus avós, o amor que eu lles profesaba. 

Que pasos ten dado neste tempo?
A rodaxe deu comenzo a principios do 2009. Foi o inicio dun proceso creatívo, fílmico, e, sobre todo, vital. Tras estrenala en Sevilla no 2015, e viaxar ca película por España, Portugal e Arxentina, a película regresou e foi presentada no Festival de Cine Internacional de Ourense, de volta á casa, rematando os seu ciclo.

Que nos atopamos en “Verengo"?
O filme é a pegada en imaxes con tempo dese ciclo vital. Durante 5 anos, acompañado sempre por unha cámara e un trípode, continuei voltando unha e outra vez a ese lugar, ao lugar dos meus avós, ao lugar da familia. Pero nesta ocasión, habitaba ese lugar por vez primeira tamén como cineasta, como ser humano, que axudado por unha cámara observa a realidade, investígaa, confróntase a ela intentando entendela, intentando entenderse, intentando facer presente o seu sentir do que acontece. Foi o proceso de volver ás raíces dun mesmo, á propia infancia, á familia, ós avós, ó seu lugar, ós seus tempos, ós seus xestos, ás suas palabras, ós seus soños...

Cal é a mensaxe que busca transmitir?
O filme invita ó espectador a visitar ese lugar de orixe. As fermosísimas paisaxes de Parada de Sil son as imaxes do lugar que enmarca a miña infancia, pero compartir as proxeccións nos festivais e as charlas tras a película en lugares moi distintos con xentes de orixes moi difierentes, demostroume a universalidade dese lugar. 

Como se sente co resultado deste traballo?
Para min, atopar os reflexos de Verengo nas infancias de persoas de latitudes moi diversas, é o último dos agasallos que este filme representa persoalmente. Polo que puiden comprobar, a película consegue transmitir ese amor polos ancestros, e por unha Galicia, por unha forma de vivir, que parece desaparecer pouco a pouco.

Foi complicada a rodaxe?
A rodaxe, técnicamente foi moi sinxela pero moi extensa. Visita tras visita a cámara era testigo privilexiado de eses rituais cotidianos, eses fermosos lugares, esa vida profunda que alí se daba. As conversas, os conflictos, os animais, o tempo... plasmábase pouco a pouco nas imáxenes. E sen presa, respetando o propio proceso vital que conducía o filme a montaxe foi destilando o esencial. Nunca quixen que a película rematase antes que o meu propio proceso vital, e por eso supoño que non fun quén de pechala ata que fun pai. Tras un último ano buscando o final da película ese nacemento dunha nova xeración familiar apareceu como o peche que o filme levaba tanto tempo agardando.

Algún proxecto no que ande metido acutalmente?
Dende que son pai, neste novo ciclo vital, a educación tomou moito peso na miña actividade profesional. Levo xa uns cantos anos traballando na introducción do proceso de creación fílmica na escola. Esta forma de entender a creación fílmica como forma de investigación persoal da realidade que nos rodea, impulsada pola necesidade de comprender os propios procesos vitais, e realizada cos medios mínimos necesarios, pareceme especialmente axeitada como ferramenta de aprendizaxe vital para os nenos e os adolescentes.

Te puede interesar