Director do Conservatorio Profesional de Música de Ourense

Xoán Manuel Igrexas: ‘Ata fai uns anos o Conservatorio non estaba ben situado e vivía de costas á cidade’

 Xoán Manuel Iglesias, director do Conservatorio de Música desde xullo, quere acercar a institución e a súa historia aos ourensáns. (Foto: Miguel Ángel)
Xoán Manuel Iglesias, director do Conservatorio de Música desde xullo, quere acercar a institución e a súa historia aos ourensáns.
O ourensán Xoán Manuel Iglesias é o novo director do Conservatorio Profesional de Música de Ourense. A súa relación co centro comezou fai máis de 15 anos pois foi alumno da entidade. Terminou os seus estudos no Conservatorio Superior de Música Vigo e, no ano 2000, tras aprobar a oposición de profesor comenzou a dar clases no Conservatorio ourensán.

¿Como foi o proceso para ser elixido director?

Tras rematar o mandato da directiva anterior, o pasado 30 de xuño, a delegación da Consellería de Educación, nomeoume para ser o director sen pasar por un proceso electoral. Antes de asumir o cargo propúxenlle ao Consello e ao Claustro do Conservatorio que se fixese unha votación para saber se estaban dacordo coa elección. O resultado foi positivo.

¿Cales son os retos para o novo curso?

Os principais proxectos baséanse en abrir o centro á cidade. Déronse pasos importantes coa recente celebración dos 50 anos do Conservatorio. A xente debe saber que en Ourense hai un Conservatorio de Música cunha historia, cun claustro de profesores moi potente, e que de aquí saen alumnos ben preparados e que somos un referente en actividades culturais. Creo que existe unha falta de cultura musical no referente á música culta na provincia, iso débese quizais á falta de conexión entre o conservatorio e a cidade.

¿O Conservatorio é ben coñecido polos ourensáns?

Ata que cumprimos os 50 anos, o Conservatorio non estaba tan ben situado como queríamos. Parece que ata fai anos o Conservatorio estaba de costas á cidade, supoño que é por que o ensino que damos aquí está regulada e non é obrigatorio.

¿Con cantos alumnos empeza este novo curso?

Estamos ao redor dos 450 alumnos, a maioría é xente de Ourense e das comarcas limítrofes, aínda que tamén temos xente que vén de Lugo. Os estudos máis demandados sempre adoitan ser o piano, guitarra, violín, frauta e clarinete.

¿Como se dividen os estudos do Conservatorio?

Ofrecemos estudos de grao elemental e de grao profesional, os primeiros duran catro anos e os segundos seis. Os que se queren adicar dun xeito definitivo e profesional á música deben continuar os seus estudos por catro anos máis nalgún Conservatorio Superior. ‘A persoa que se quere dedicar de xeito profesional á música debe estudar 14 anos’.

¿É complicado para os titulados conseguir traballo?

Existe unha falta de saída profesional no caso de guitarra ou piano, pois hai moita xente. Con todo, hai especialidades instrumentais que teñen moita máis saída como os contrabajistas, oboístas ou fagotistas.

¿Que papel xogan as novas tecnoloxías no programa de estudos?

Incorporamos unha materia de novas tecnoloxías aplicadas á música, baseada no plano informático, como o manexo de programas e os editores de partituras ou editores de audio.

¿Cal é a maior preocupación dos alumnos?

O máis común é o pouco tempo que teñen para estudar pois a maioría estudan música mentres cursan os seus estudos obrigatorios. Na música non podes estudar unha partitura da noite para a mañá, pois o coñecemento musical é similar ao adestramento deportivo, non podes coller un estado óptimo nun ou dous días.

¿Como é a relación cos outros conservatorios galegos?

En xeral temos unha moi boa relación, e aínda que os intercambios estudantís non son unha constante, ese é outro dos aspectos que queremos fomentar, ata agora o único departamento do Conservatorio que tiña un intercambio multidisciplinar con outro organismo era o departamento de piano que entrou en contacto co Conservatorio de Santiago.

Te puede interesar