Candidato a secretaría xeral do Partido Nacionalista Galego

XOSÉ MOSQUERA CASERO: 'O nacionalismo debe articularse para dar resposta á actual recentralización'

Despois de varios anos de certa interinidade organizativa tralo pasamento, en 2006, dun dos seus fundadores e secretario xeral, Xosé Henrique Rodríguez Peña, o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG) -un dos que conforman o Bloque Nacionalista Galego- celebrará o vindeiro 25 de setembro o seu congreso, no que Xosé Mosquera se presenta como único candidato á secretaría xeral. Baixo o lema de 'Facendo país', abordará, entre outras cuestións, unha maior participación dos cidadáns na representación política e a rexeneración ética da política

Dende logo que é un xeito de posicionarse dentro do BNG no sentido de que o BNG, no seu arranque electoral de crecemento, fixo moito máis visible os seus distintos matices. Un dos que me precedeu, Pepe (Rodríguez) Peña, era unha das persoas que se visibilizaban no BNG, tanto na dirección política como nas institucións, e todo iso foise perdendo, sendo unha perda en xeral para o nacionalismo e, estructuralmente, para o BNG. Perdeu a visión plural da sociedade.

Eu creo que parte da perda de apoio é que o BNG xa non suscita entusiasmo nin interese en determinados sectores sociais e iso é porque os seus perfís cara fóra son moi limitados a pesares de que dentro da formación hai máis pluralidade da que se está expresando cara fóra. O debate é se únicamente se quere manifestar un perfil determinado ou todos os demais. Ese debate está aí, manifestáronno os alcaldes e nós tamén.

Se non é posible trasladar a pluralidade e esta posición interclasista e aberta á sociedade que propoñemos, o PNG tería que prantexarse se ese proxecto (o do BNG) é compatible co seu proxecto. Durante un tempo o foi pero nos últimos anos o é menos.

É posible convivir dentro e fóra dunha formación. O modo de convivencia ata agora foi o fronte pero tamén é posible facelo fóra con total normalidade, como no caso de CIU, pero é preciso que o nacionalismo no seu conxunto se articule politicamente para dar resposta á recentralización que se está producindo.

Te puede interesar