A Xunta financia 16 novos obradoiros duais para persoas desempregadas

Persoal da UVigo, nunha das instalacións que acolle os cursos de formación permanente.
photo_camera Estudiantes en una instalación que acoge los cursos de formación permanente. Foto de archivo

A Xunta de Galicia invistirá máis de 8,1 millóns de euros para financiar a creación de 16 obradoiros duais de emprego na provincia de Ourense  que darán formación a  320 desempregados, segundo anunciou onte o delegado territorial do goberno autonómico, Gabriel Alén, na sede da Mancomunidade de Concellos da comarca de Verín.

Os talleres, que contan cunha duración de doce meses, son programas mixtos de formación e emprego que teñen coma obxectivo ocupar a persoas desempregadas e incrementar as súas oportunidades laborais.

Os concellos beneficiarios son Baños de Molgas, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo.

Curso 2022-2023

Na convocatoria do curso 2022-2023, os obradoiros anuais son tamén para maiores de trinta anos. Ademais, a Xunta está tramitando unha partida adicional de dez millóns de euros para que  estes obradoiros cheguen a máis beneficiarios. Cun orzamento de 50,8 millóns, 2.000 desempreagados poderán formarse en toda a comunidade.

Te puede interesar