OCIO

A Xunta informa da apertura das piscinas de Monterrei

22.07.14.PEREIRO.MONTERREI.PISCINAS.
photo_camera Unha imaxe de archivo das piscinas de Monterrei en Pereiro de Aguiar.

O complexo estará aberto a partir deste sábado 10 de xuño. O prezo das entradas para acceder ás instalacións acuáticas mantén a tarifa da temporada anterior

As piscinas do Complexo Deportivo de Monterrei abrirán de novo as súas portas ao público o sábado 10 de xuño. A nova temporada de verán prolongarase ata primeiros de setembro.

O prezo das entradas para acceder ás instalacións acuáticas mantén a tarifa da temporada anterior. Así, a entrada para os maiores de 18 anos custa 2,30 euros e a de menores, 1,30 euros. O acceso para os cativos menores de 4 anos é de balde. Ofrécese tamén a posibilidade de adquirir bonos de 10 entradas que abaratan o acceso ás piscinas cun prezo de 10 e 20 euros, para menores e maiores de idade, respectivamente.

O horario de apertura establécese, como anos anteriores, de 12.00 a 21.00 horas.

Te puede interesar