A Academia Galega elexíu ó autor teatral, director e actor , pola 'súa forza e potencia creativa'

O Día das Letras Galegas de 2013 lembrará a Vidal Bolaño

O autor teatral, actor, director y escenógrafo Roberto Vidal Bolaño. (Foto: CORREO GALLEGO)
O autor teatral, actor, director y escenógrafo Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) foi elexido por 'maioría' entre os membros da Real Academia Galega (RAG) como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2013. O presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, destacou 'a forza e potencia creativa' de Vidal Bolaño ó anunciar onte a decisión da institución.
Méndez Ferrín tamén sinalou que non se trata únicamente dun autor de teatral, xa que destacou en tódalas facetas do xénero e foi un destacado actor, director y escenógrafo. O académico Euloxio Ruibal engadiu que Vidal Bolaño é un autor 'imprescindible' do século XX, e a tamén académica Margarita Ledo subliñou a súa traxectoria e a súa capacidade para potenciar o teatro nos seus múltiples rexistros.


AMPLIAMENTE RESPALDADA

A candidatura de Vidal Bolaño foi respaldada por máis de medio centenar de asociacións e institucións dos ámbitos escénico e cultural de Galicia, ademáis de por oitocentas firmas de destacadas personalidades culturais.

O Concello de Brión, en el que residiu durante os últimos anos da súa vida, tamén se pronunciou a favor de que a edición de 2013 fose adicada a este escritor. Actor, director, escenógrafo e iluminador, ademáis de autor de decenas de obras, Vidal Bolaño iniciouse no mundo teatral da man do grupo Antroido, no que representou como actor as súas primeiras obras, e á que convertiu na primeira compañía de teatro profesional de Galicia tras ser despedido do banco no que traballaba.

Además da dramaturxia, cultivou as artes audiovisuais e realizou guións para a Televisión de Galicia e para Televisión Española como 'Malos Tratos', 'Novo de Parmiude' ou 'Morosos Varios'. Os promotores da candidatura de Vidal Bolaño subliñaran a necesidade de que o teatro fora recoñecido pola importancia que tivo no conxunto da cultura popular de Galicia e a súa aportación á revitalización da lingua. Ademáis, consideran que a obra deste escritor non fixo máis que crecer nos trece anos transcurridos dende a súa morte, e destacan que Vidal Bolaño xa está considerado como un dos principais autores do teatro galego e do seu corpus literario.

Vidal Bolaño sucede así ó xornalista e poeta Valentín Paz Andrade, ó que a Real Academia Galega homenaxeou este ano.

Te puede interesar