Investigación

A universidade estuda o efecto nos bosques do cambio climático

O obxectivo é mellorar a resiliencia dos bosques ante os desafíos derivados do cambio climático.

“O cambio climático constitúe un gran desafío para os bosques europeos, como amosan os recentes eventos extremos, dunha intensidade sen precedentes”. Este feito, segundo explica o director da Escola de Enxeñaría Forestal, Juan Picos, constitúe o punto de partida dun proxecto de investigación no que participan 20 institucións e organismos de doce países, entre os que se atopa a UVigo. 

O obxectivo é mellorar a resiliencia dos bosques ante os desafíos derivados do cambio climático. Cun orzamento de cinco millóns de euros, a institución viguesa está representada neste proxecto por investigadores da EE Forestal e do grupo Rede, da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, que se responsabilizará dun dos casos de estudo inseridos nesta investigación, centrado na cadea de valor asociada ao piñeiro en Galicia e no norte de Portugal. 

Te puede interesar