O Punto Limpo Móbil, un servizo “na porta” para os veciños de Viana

Edificio de la Casa Consistorial de Viana do Bolo.
photo_camera Casa do Concello de Viana do Bolo.
O Punto Limpo Móbil recolle  mobles, roupa e calzado ou equipamentos eléctricos e electrodomésticos.

O Concello de Viana do Bolo quere potenciar o Servizo de Recollida a domicilio de residuos para o Punto Limpo. Aínda que se ven prestando dende fai un tempo, mediante un convenio asinado coa Deputación de Ourense, quere recordar á veciñanza a posibilidade da súa utilización cando así o vexa preciso. 

A través deste, preténdese “facilitar a comodidade de non ter almacenados trastes ou enseres que xa non lle fan servizo”. 

Segundo informan “o único requisito é chamar ó Concello para anotar todo aquelo do que se queiran desfacer, e mantelos gardados no domicilio ata que avisen da súa recollida. A existencia deste servizo non xustifica a aparición destes elementos depositados polas rúas ou tirados por calquera sitio cal vertedoiro”. O Punto Limpo Móbil recolle mobles, roupa e calzado ou equipamentos eléctricos e electrodomésticos.

Te puede interesar