Opinión

Badulaque

Para nós,  badulaque significa o que di o dicionario da RAG: “Que nos seus actos ou ditos demostra ter pouco siso e formalidade”. Un ou unha badulaque. A orixe da palabra  é escura e non sería imposible que chegase desde a Arxentina onde ten o mesmo significado, como pasou  como o contar por pesos ou chamarlle pocillo ao do café. Hai un  simpático e  novo uso: Resulta que nos Simpsons, apareceu un  hindú -Apu- que rexenta un local 24 horas con moitos produtos do máis variado. O tradutor para España púxolle de nome ao negocio, en vez do orixinal  Kwik-E-Mart, -“mércado rápido”, daquela maneira-, “El Badulaque”, seguindo un vello significado castelán de mestura de moitas cousas. E velaí o renacemento da palabra na lingua irmá. Agora en vez de “tenda 24 horas do pakistaní de turno” chámanlle en Madrid e Barcelona xa, sen fallo, badulaque. En Ourense, non sei. Non lles ando de trasnoita.

Te puede interesar