Opinión

A bolboretiña do día | Amainar, escampar, estiñar

descarga (1)
photo_camera descarga (1)
Hai quen di que amainar é un verbo construído sobre o latín “medianu”, porque amainar é calmar, suavizar, etc. digamos que volver a un punto medio. Outros din que é palabra relacionada con recoller as velas etc. Nin idea. Pero amaina o vento cando deixa de ter intensidade. Porque escampar escampa a chuvia cando deixa de chover e sae o sol. Se cadra vén de que queda o ceo liso como un campo, pois ese significado dun terreo liso era o único que tiña no latín -outras cousas eran ager, o rus, etc.—E de aí, a “batalla campal”, en terreo plano e aberto. Estiñar úsase tanto para a chuvia, como para unha fonte -como pasou este verán- ou, incluso, para unha ferida, pois significa deixar de saír un líquido. Tamén para apagarse o lume. Hai quen o relaciona con estio, con tempo seco do verán. En fin, nunca choveu que non escampase. Pero de momento inda non cómpre. Benvida a auga.

Te puede interesar