Opinión

A bolboretiña do día | Avogados etc.

O xuízo do Alvia fainos moi presentes os avogados. Palabra con uve, pois vén do latín “Advocatus”, o que pon a voz por ti. De aí as advocacións da Virxe ou dos santos, por exemplo, que interceden, tamén, ante a superioridade. “Letrado”, vén de que na sociedade tradicional eran dos poucos que sabía de letras. Chámase avogacía tanto á profesión do avogado -exerce a avogacía en Ourense─ como ao conxunto deles, o que permite o novo uso de Colexio da Avogacía para fuxir do de Avogados e Avogadas, que é moi pesado. Por certo que os portugueses usan a palabra con d etimolóxico (como fan moitas linguas como o catalán e todas as nórdicas) e din “advogado” e “advocatura” para o conxunto deles, a semellanza de “xudicatura”, conxunto de xuíces ou labor deles. Sen d, aparece en francés, castelán e outras cantas.

Te puede interesar