Opinión

A bolboretiña do día | Badúa que te badúa

undefined
O dicionario da RAG di que baduar, palabra moi usual entre os galegofalantes, é “falar divagando ou dicindo cousas sen sentido” e non ten ningún outro significado E quen badúa moito é un badueiro ou unha badueira. Se cadra a xente nova, e mesmo no castelán de Galicia, usa máis o verbo “barallar” e non no seu sentido literal -mesturar as cartas da baralla- senón metafórico, para falar moito, mesturando as cousas, sen filtralas pola cabeciña. E á persoa de moito baralle, a que baralla moito, e perde o tempo con iso, é un barallán (Labrador barallán, non colle viño nin pan) ou, tamén, un baralleiro. A verdade é que non vexo baralle nin barallán ou barallana no dicionario da RAG e chámame a atención. En fin, normalmente, a xente que badúa moito, que baralla moito, á parte de badueiros ou baralláns, son bastante badulaques. Pero diso falaremos mañá.

Te puede interesar