Opinión

A bolboretiña do día | Floristerías ou florarías

A palabra do castelán “folistería” é un pouco rara. Constrúese co sufixo -ería (lugar de), sobre outro sufixo -ista (persoa que se dedica a, tipo modista ou oculista). Parece que o razoable sería construílo sobre o substantivo orixinal, sobre flor, que é o que se vende. Por iso, no dicionario da RAG aparece “floraría” -ou florería- e por iso no dicionario da RAE aparece como segunda forma de floristería. Ou sexa, en castelán, está tamén ben dito “florería”. Curiosamente os portugueses non teñen ese nome, senón só un xenérico “loja de flores” ou o máis habitual “florista”. “Vou á florista”. Dáme o corpo que moitos oficios que proveñen de vanda ambulante na rúa, non tiñan orixinalmente nome para eses locais, que son bastante novos. Así pulpeira ou florista, por exemplo.

Te puede interesar