Opinión

A bolboretiña do día | Lambóns e familia

Estamos chegando ao tempo dos lambóns e familia. Na Academia non mataron moito a cabeza. Definición de lambón, “que é amigo das lambonadas”. Definición de lambereteiro, “que é moi amigo das lambonadas”; definición de larpeiro “que é moi amigo das larpeiradas” E dado que lambonadas e larpeiradas son cousas semellantes, doces e postres, así, en xeral, cousa doce, pois todos nos entendemos. E hai un par de palabras relacionadas, “papón”, de papar, comer sen xeito, e quen o fai é un pouco parvixolas, un pouco papón, deses que papan moscas. Nada que ver, ou si, co de “lampantín”, que nos vellos dicionarios traducía ó castelán como “grajuja, pillo, sinvergüenza”. Quédome coas dúas primeiras. “Cala ti, lampantín”, teño oído en máis dunha ocasión. E iso que non estaba facendo nada malo.

Te puede interesar