Opinión

A bolboretiña do día | Refraneiro de outubro

A estación da caída da folla ten un nome moi produtivo entre nós. O “outono” tamén é a herba que se apaña nesta outoniza época, e “outono” tamén é a denominación popular do mes de “Outubro”. Este mes “oitavo” que ocupa o decimo lugar e que antigamente remataba en -bre, viu moi reducida a forma de lle chamar culta seguramente por certa semellanza co nome da estación, outubre, outono. Aínda así, hai refráns que o manteñen a orixinal “En outubre, a terra esterca e cubre”, “En outubre, non molesta o lume” “logo que outubre veña, procura leña” ou “Outubre as mellores troitas pudre”, aínda que o normal é que falen de outono ou dos seus santos: “A horta de outono mantén ó seu dono”, “Polo San Lucas (día 18) mata o porco e barra as cubas”, en fin, Mellor acabar con festas: Outono, outonán, mes de San Lucas e de San Froilán”.

Te puede interesar