Opinión

A bolboretiña do día | Velorios ou velatorios

Se o verbo é velar (acompañar esperto a alguén, vivo ou morto) o lóxico é construír a palabra derivada usando o sufixo -orio, de lugar (tipo auditorio, conservatorio, consistorio) en vez de meterse ese te polo medio. O dicionario da RAG así o recolle e tamén os dicionarios portugueses. Velorio. En castelán velatorio é o lugar e velorio ten un dobre significado, de festa popular nocturna nas aldeas de castela, tipo fiadeiro, con música, danza e algo de traballo, ou, tamén, de acompañamento dun defunto, especialmente se é un neno o morto. Polo menos iso é o que di o dicionario da RAG. A min, abóndame conque se diga velorio e saibamos que non ten nada que ver con velas ou candeas, senón coa vixilia noctura.

Te puede interesar