Opinión

Fado e fatalidade

Fado é canción triste e sentimental portuguesa. Vén latín fatum, oráculo, previsión, decisión divina. É unha especialización da palabra xeral co significado usual de forza superior que se cre controla os acontecementos, sen implicación da vontade humana. De aí, tamén, o de mal fado, ou fado negro -como a fame-, ou bo fado. Ou os fados, conxunto de acontecementos que rexen o destino humano. E si. Relacionados todos eles con fatal, no sentido de mortal, desde o século XV, un accidente fatal, decidido polos fados, no que hai mortes. Modernamente úsase como puro superlativo de mal. “Saíume o exame fatal”, unha esaxeración, sen dúbida.

Fatalidade, claro, é a calidade do fatal do que deriva. En fin, unha aperta á comunidade escolar, especialmente familia de Manuel, compañeiros e profesores do IES Prieto Nespereira.

Te puede interesar