Opinión

Unha reflexión postelectoral

Debía haber eleccións cada pouco, pois todos acaban felices representando o papel de gañadores. É incrible a capacidade de enredo que teñen os redactores dos argumentarios xustificativos. Incluso Ana Pontón foi triunfalista co seu único deputado (de 23), con cero senadores (de 16) e mesmo perdendo o “premio de consolación” que sería terlle gañado a Sumar.

En fin, o que se di, en tempos de posverdade, “unha derrota en toda regra”. Que a realidade non amole un bo relato. E no dominio do relato, o PP anda peixe.

Pola súa banda, os do PSOE Galicia cantaban vitoria despois de perder tres deputados e un senador e baixar dous puntos a porcentaxe de voto. Ousaban falar da noite da grande e histórica derrota de Feijóo. Ese que conseguiu en Galicia 3 deputados máis, ata 13, todos os senadores que lle permite a lei, 12, e que a nivel de España pasou de 89 a 136, o partido con máis deputados e máis votado (pasou de 5 a 8 millóns de votos), e con maioría absoluta no Senado. En fin, o que se di, en tempos de posverdade, “unha derrota en toda regra”. Que a realidade non amole un bo relato. E no dominio do relato, o PP anda peixe.

A única conta da leiteira de Sánchez para presentarse sorrinte e aclamado, despois de sacar 12 deputados menos que o gañador, é contar como propios os do seu socio de goberno, e os de Bildu (6), ERC (7), Junts (7) e BNG (1).

Entrementres, os partidos do goberno, PSOE-Sumar, baixaron en conxunto 5 deputados, pois a ganancia dos 2 do PSOE hai que combinala co baixada de 7 do grupo antes coñecido como Unidas Podemos. Así, a única conta da leiteira de Sánchez para presentarse sorrinte e aclamado, despois de sacar 12 deputados menos que o gañador, é contar como propios os do seu socio de goberno, e os de Bildu (6), ERC (7), Junts (7) e BNG (1).

Tería feito o correcto se felicitase ao PP como gañador e sinalase que de non poder articular un goberno, el, como líder do segundo partido máis votado, ofreceríase a tratar de construír un amplo tecido de socios que puidese conseguilo. Pero non sería Sánchez. Mátao a soberbia. Facerlle crer a cidadanía que o perigo para a democracia española é volver á época de Franco polo que se invoca o bélico “Non pasarán” será rendible electoralmente pero tan indigno e fracturador como pensar que en España hai tres millóns de fascistas á espera doutro 36. Si. A política non é hoxe un tema de razón senón de pura paixón; e de aí, aos instintos básicos aos que se dirixen os dominantes discursos extremos.

Por iso, desde a calma, debemos intentar ver o que de bo haxa na paisaxe. Para empezar, é boa noticia para o Estado que o nacionalismo catalán de ERC e Junts quedase no 24,63 de voto popular, cunha perda moi importante de escanos. É boa noticia que o PSOE de Salvador Illa teña o 34,5 por cento dos votos; Sumar, 14, e o PP, 13,34 (por diante de ERC e Junts). Algo fixo moi ben o PSOE Cataluña para lograr unha hexemonía tan interesante, e nin tan mal o PP para subir de 2 a 6. 

E gustoume que na contida festa de Xénova, xunto cos eternos enredantes hispano-madrileñistas do “Ayuso, Ayuso”, houbese tamén bandeiras das autonomías. E creo que é bo que non se vise Feijoo na tesitura de poder pactar con Vox e son de analizar as súas palabras nunha entrevista sobre refundación en clave reformista. E si, aínda que os tempos son outros, non estaría de máis repasar a historia da Operación Reformista de Roca a mediados dos oitenta. Daquela foi imposible a articulación dunha forza liberal progresista incardinada na pluralidade do Estado, pois, entre outras cousas, é complicado que na España central escoiten sequera unha opción política deseñada por cataláns. Pero, se cadra, non sería imposible se a iniciativa partise dun ex presidente autonómico do PP con longa traxectoria, nunha nacionalidade histórica, sempre leal co Estado. E esta articulación sería máis importante e decisiva para o futuro de España que gañar simplemente unhas eleccións á primeira, sobre vellos modelos, pois o de “chegar e encher” non sempre é boa cousa. Agora terá tempo o ourensán de ir tecendo unha alternativa de futuro, centrada, plural e aberta.

Te puede interesar