Opinión

A bolboretiña do día | Refranero de setembro

Empeza dicindo que é o “sete-” e é nove, como os seguintes que din que son outo-, nove-, dece- e son 10,11,12, pois como saben, “meteron” dous meses polo medio, en honor aos emperadores Xulio e Augusto.  E remataba en –bre pero como a maioría, (xaneiro, febreiro, marzo, maio, xuño…) acababan en -o, contamináronse, coa axuda do portugués e das normas, e hoxe é “setembro”. A nivel popular, hai quen lle chama ao mes, tamén, vendima: Agosto e vendima non son cada día.  É moi variable Setembre e marzo, revoltosos ambos, pero Setembre ou seca as fontes ou leva as pontes. Moito traballo,  En setembre colle o viño e non durmas no camino e carros acugulados de uvas:  En setembre carro que retembre. Os días pasan rápidos: San Migueliño (día 29)  das uvas maduras, moito me tardas e pouco me duras. E logo do verán, Polo San Miguel cata as colmeas  garda o mel. Moitos productos vanse esgotando, Polo San Miguel sabe o touciño a mel. Que veña a auga, porque A castaña en setembro quere beber e en agosto arder.

Te puede interesar