Opinión

Samaín

Obviamente non é unha palabra de orixe galega. Pero tampouco o é fútbol ou wifi. Podemos importar obxectos, modas, costumes e palabras. E dalgún xeito facémolas nosas. E así esvaecemos as diferenzas entres as culturas do mundo, e todo é máis parecido. E aburrido. Samaín, palabra céltica de Irlanda, Escocia e a Illa de Man, é o nome céltico do mes de novembro, mes dos Santos, e que seica está relacionada cunha das catro festas célticas do ciclo do ano. Din que provén dunha forma que sería algo así como equivalente ao inglés summer-end, pero en céltico. Ou sexa, fin de verán. Porque realmente, empeza o outono. En fin, tan galega a tradición do Samaín, como o das caveiras de defuntos mexicanas ou a Oktober Fest da cervexa. O que non quere dicir que non o pasemos ben cunha pinta na man, claro.

Te puede interesar