Opinión

A vaquiña polo que vale?

Pois non me lles gusta nada o anuncio ese da vella repunante que acaba batendo co caxato contra un contador da luz, e que berra o simplón dito ese do interese máis primario: “A vaquiña polo que vale”. Insisto, non me gusta nada nadiña. Recoñezo que publicitariamente pode ser interesante para a compañía, creo que de eficiencia enerxética ou algo así, porque as persoas que se identifiquen coa muller en cuestión -unha lexión no país, se cadra- poden chegar a ser clientes potencias. Pero moléstame o volume e o ton que utiliza a señora. Ben sei que todas as linguas teñen niveis socioculturais cultos, normais e vulgares. Ben sei, tamén, que todas as linguas teñen rexistros diferentes para ocasións máis formais ou menos formais. Comprendo que a propaganda de calquera tipo, na busca da proximidade ás persoas, xogue co uso destas variedades de nivel ou de contexto. Pero desacóugame que unha lingua como esta na que lles escribo, historicamente algo coxa nos rexistros máis elevados e formais, teña unha asociación publicitaria cun caxato batendo nun contador da luz ata que este “alustra”. Entendo, claro, e debo valorar positivamente que os publicistas e a compañía se decidisen pola publicidade en galego. O éxito do “vivamos como galegos” de Gadis, é un exemplo a seguir, pois non son moitas as compañías que o fan, pero se cadra por iso, a responsabilidade da escolla non só da lingua senón do rexistro, é ben maior. Si, ao longo da historia, desde os tempos dos romanos polo me- nos, os niveis cultos e os rexistros máis formais, era os espellos nos que se miraron os cidadáns de menor formación. Miren que cousas, que incluso me lembro cun aquel de saudade das primeiras eleccións democráticas nas que, como na II República, a maioría dos partidos pe- dían o voto de vostede “Vote” e non “Vota...”. Pero triunfou o empobrecedor “tuteo” falanxista que se espallou durante a guerra e posguerra para significar que o señorío estaba en retroceso, e que todos eran iguais, cultos e incultos, educados e analfabetos con tal de levaren todos a mesma camisa de adhesión ao Réxime. En fin, non me dispersarei, que os tem- pos cambian e tamén se pode ser educa- do tratando de ti, por suposto.

Pero esa asociación da nosa fala melosa – “doce como o mel” como dicían os poetas antigos - cunha vella irascible, agresiva e vestida coa bata a cadros que acadou a categoría de novo traxe nacional popular galego, e cunha vaca polo medio cun enchufe debuxado no cu, pois que queren que lles diga... nada bo, desde logo. Os publicistas, poderían, se cadra, buscar algo no que aparecesen unhas gatiñas -así é como lle chaman no Brasil ás “mociñas agraciadas”, na piscina dun bo chalé, batuxando na auga, xogando cuns mozos e falando -non sei como podería vir a conto a conversa, da necesidade de aforrar o consumo excesivo da depura- dora da piscina e das luces do xardín na noite dos gin-tonics e a música chill out. (Tamén, releo pousado, podería ser esta escena unha pijada de moito nabizo.) En fin, comprendo que o labor do publicista é ben difícil, pero epatar a berros é o recurso fácil. Creo, meus señores, que algo máis fino, elegante e atractivo poderían ter feito. Paréceme, claro, moi ben que o fagan en galego, pero non por iso recibirán máis gabanzas das que merecen: A vaquiña polo que vale.

Te puede interesar