Opinión

De deuses, reis e homes

Aos reis absolutistas lles sustentaba a máxima de que o seu poder emanaba directamente de Deus. Ninguén espera iso en tempos de monarquías constitucionais, pero alguén dixo que se un rei é coma un veciño calquera, ¿para qué se quer entón que sexa rei? Deduzo que, en parte, a preocupación de Zarzuela polo feito de que transcendera a declaración da infanta ten que ver con esa excesiva “humanización” da realeza. Os asesores da coroa, ao propugnaren a normalidade e a proximidade do pobo, non pensaban precisamente en que unha infanta se sentara a respostar ante un xuíz pero foi o seu pai quen dixo que todos eramos iguais ante a lei. E menos que o faría en calidade de filla de Juan Carlos e Sofía. Nin que remataría contándolle á súa señoría, e a España enteira, con qué alcume chama ao seu esposo na intimidade ou que non lembra se o matrimonio bailaba salsa ou merengue. Pero é que os veciños non cargan os bailes como cursos de formación de empresa. E un fillo dun veciño como o xuíz Castro deu clases, hai trinta anos e, aínda se lembra.

Te puede interesar