Alá van medias festas de Nadal. Un Nadal raro, raro. Quizais por aquilo de que cadrou nunha fin de semana normal. Unhas festas que, penso, cada vez máis xente empeza a cansar delas. Polas enchentes de comidas. Polos compromisos adquiridos e que logo son auga de bacallau. O das paparotas xa é un caso para facer unha auténtica tese doutoral; desde a calidade das mantenzas ata as farturas polas cantidades. Ás veces non sabes a que atender. E se comes moito dunha cousa, esquécete xa da outra. Quen paga despois o pato é o propio anfitrión, que ou come durante toda a semana dos restos ou tira con todas as sobras, que adoitan ser a metade de todo o que se puxo. É dicir, un auténtico despilfarro, tanto en vituallas como en cartos. Agora, para máis aquel, aínda queda a outra metade das festas: noitevella e ano novo. Ou sexa, máis do mesmo.
Buscar