Opinión

DERROTADO

Quixen facerlle as beiras a unha pavía verde, pero esta díxome que eu non era un melocotón amarelo.Quedei zurrado. Pensei que era fácil pillar a froita da árbore caída, mais descubrín que algunha está prohibida. Optei por seguir camiño ata esas pereiras baixiñas. O temor a estirar a man xa era grande. Non quería levar outra labazada. Quedei coa man quieta. Mellor era buscar unha pataca mal feita, a ver se con esta corría mellor sorte. Atopeina no medio dun rego, á beira dunha toupeira, e pensei que tampouco aquí ía ter grandes posibilidades. Efectivamente, axiña me botou en cara que cando me conviñera iría cun sacho para levantala da terra. Agachei a cabeza e funme co rabo entre as pernas.

Te puede interesar