Opinión

Fábula poética e alegórica

"Érase unha vez nun lugar da meseta castelá cara 1940..." Así empeza o relato desa fermosa fábula poética e política que abraiou en 1973. Desde ese ano, “O espírito da colmea” forma parte, e en letras maiúsculas, da mellor historia do cine español. Acadou varios premios en diversos festivais, pero máis que por aqueles, “O espírito da colmea” foi a sorprendente re- velación dun cineasta maior. Unha película sólida, estremecedora e finalmente optimista, que enriquece as súas perspectivas en sucesivas visións. Adquire o valor de obra maxistral que abre portas po- las que todos tamén podemos pasar. Na revista Fotogramas dicían que Víctor Erice soubera provocar o nacemento de todo un complexo mundo de suxestións mediante un estilo rigoroso, moi expresivo dentro da súa contención, e tamén moi fermoso dentro da súa austeridade e da súa ausencia de esteticismo.

A protagonista da pelícu- la é Ana Torrent, unha nena de grandes ollos curiosos que alimenta a súa fantasía coas películas que en ocasións poñen na súa aldea ou cos inventos de fantasmas que polas noites lle moumea a súa irmá máis vella, Isabel Tellería. Pero, sen esperalo, Ana acabará atopándose na vida real cun “monstro” amigo que precisa da súa axuda, como o Frankenstein da película necesitara daquela nena rubia para conseguir máis f lores que espallar pola auga do lago... A pequena Ana, de melancólicos pais, segura- mente abatidos por esa pos- guerra que semella que lles interrompeu os soños... Ana e o segredo dos cogomelos velenosos, Ana e o milagre das vías do tren que conducen a outros mundos, Ana e o misterio dos paneis de abellas, Ana e as súas moitas respos- tas por descubrir... Ana e o cine.

“O espírito da colmea” é un- ha película visualmente poética, inquietante e alegórica sobre a inocencia, a fantasía e o illamento. Unha das mellores películas sobre a nenez e chea de olladas perdidas. Obra mestra. 

Te puede interesar