Opinión

Para a Ponte Nova de Baños de Molgas

A verdade é que agora andar pola Internet é case coma navegar polo espazo sideral da infinidade. Todo consiste en ter tempo para fochicar e fochicar para, indo días e vindo días, atoparte con cousas ou noticias que te asombran e, por que non, que che gustan. A min, todas as relacionadas con Baños de Molgas é que me traen polo camiño da ansiedade e da morriña.

E busco e rebusco e atopo. Así, nunha nova do 18 de novembro de 1886, digo ben, 1886, na sesión que a Deputación celebrou cinco días antes, esta aprobou o presuposto extraordinario para ese ano económico, no que aparecen consignadas 22.514 pesetas (coidadiño coa cantidade para aquela época) para a construción da ponte de Baños de Molgas. Non di nada máis. Nin falta que fai. Como son algo listo, deducín: "a ponte vella está aí desde que o mundo é mundo, ou sexa, desde que aqueles afoutos romanos descubriron as nosas augas quentes, polo que non queda outra que a ponte nova". Creo que supuxen ben.

Te puede interesar