Opinión

Ruído e furia

A novidade non é a mellor baza de “Underworld” (2003). Non importa. Como tantos outros exemplos do fantástico moderno érguese sobre unha mestura de referencias e citas. Amálgama acción e fantasía sen complicacións, con admisibles resultados. Un espectáculo de ruído e furia debedor da estética gótica (o vestiario, os decorados...) As súas inf luencias non se ocultan: a títulos como “Blade” ou a saga “Matrix”, ó universo de Alex Proyas (antes “Dark City” que “O corvo”), pero tamén a pezas de maior envergadura, caso de “O baile dos vampiros” e a súa noción do vampirismo como seita; e sen desestimar a mesías salvíficos, a razas de noite, a... Algúns críticos opinarán que só é un cómic (divertido e pretensioso) de vampiros. A verdade é que non van desencamiñados, pero a peza é interesante con sensibilidade un chisco rara. E impera unha sensación de xa visto. Molesta? Non, é propia dun fantástico narrativamente demasiado uniforme, viciosamente clónico. Se para certos profetas da posmodernidade xenérica máis transida, “28 días despois” se postula como a ficción de zombis que acabará cos clásicos, “Underworld”, en cambio, non satisfai semellantes ambicións.

Non entraremos agora no debate acerca do imperioso axustizamento (visual e temático) dos mitos tradicionais auspiciados polo fantástico moderno (nin no seu ensimesmamento visual), pro no seu renovamento da mitoloxía da licantropía e o vampirismo, fornecido con poderosas racións de efectos especiais, gore e música atronadora, sen renunciar ós tópicos máis puimentados, non obterá a descualificación dos puristas. Tampouco declina unha drástica reformulación tipolóxica e temática. Ademais, un dos aspectos menos vistosos do filme estriba no pouco partido extraído ás criaturas (e ás súas transformacións) de Patrick Tatopoulos (demasiado semellantes dun filme a outro). A historia tampouco é un exemplo de orixinalidade. O máis relevante do filme, á marxe do seu sentido ritmo ou da estimulante presenza de Kate Beckinsale, radica na significativa oposición dos mundos de vampiros e licántropos. En todo caso, “Underworld” é un divertimento estupendo e estimable.

Te puede interesar